Obxectivos Técnicos e Xerais

 

Os residuos de algas de arribazón son un problema ambiental moi significativo en Galicia, cun grande impacto nos sectores turístico e pesqueiro. A solución a este problema pasa por desenvolver procesos de valorización que permitan dar unha utilidade a estes residuos e xerar unha actividade económica viable e sostible no tempo.

Neste sentido, o proxecto GESTALGAR busca demostrar que a compostaxe biolóxica das algas de arribazón é un proceso de valorización tecnicamente viable que pode desenvolverse a escala industrial de forma economicamente sostible co que se  poden desenvolver novos produtos e servizos co potencial de dar resposta a algúns dos principais problemas de rexeneración ambiental aos que se enfronta Galicia, como a recuperación de áreas queimadas.

Por todo isto o obxectivo principal do proxecto GESTALGAR é deseñar, desenvolver e validar novos equipos, produtos e procesos de valorización do residuo de algas de arribazón para aplicacións agronómicas e de recuperación ambiental de terreos afectados por lumes, noiros e augas ácidas, co fin de competir nun mercado globalizado.

 

Obxectivos técnicos:

 

  • Deseñar, desenvolver, construír e validar un prototipo móbil de recollida e acondicionamento de algas de arribazón para a súa compostaxe a escala industrial e economicamente sostible.
  • Deseñar, desenvolver, producir e validar unha solución de compostaxe biolóxica de alto valor engadido a partir das algas de arribazón que sexa eficaz para a rexeneración de solos degradados por lumes cunha eficiencia como mínimo igual á das solucións alternativas mais habituais, e os seus procedementos de aplicación.
  • Deseñar, desenvolver, producir e validar unha solución de compostaxe biolóxica de alto valor engadido a partir das algas de arribazón que sexa eficaz para a rexeneración de solos degradados por noiros cunha eficiencia como mínimo igual á das solucións alternativas mais habituais, e os seus procedementos de aplicación.
  • Deseñar, desenvolver, producir e validar unha solución de compostaxe biolóxica de alto valor engadido a partir das algas de arribazón que sexa eficaz para el tratamento de augas ácidas cunha eficiencia como mínimo igual á das solucións alternativas mais habituais, e os seus procedementos de aplicación.
  • Deseñar, desenvolver, producir e validar unha solución de compostaxe biolóxica de alto valor engadido a partir das algas de arribazón que sexa eficaz en aplicacións agronómicas cunha eficiencia como mínimo igual á das solucións alternativas mais habituais, e os seus procedementos de aplicación.

 

Obxectivos xerais:

 

  • Profundar no coñecemento sobre os usos agronómicos mais adecuados para as emendas orgánicas de algas de arribazón obtidas (compost), delimitando así a súa aplicabilidade concreta no mercado.
  • Facilitar a rexeneración ambiental de áreas afectadas por lumes, desenvolvendo un servicio efectivo de restauración de solos forestais afectados por lumes, que colabore con administracións e afectados para restablecer a calidade edafolóxica inicial e a súa diversidade vexetal asociada en períodos de tempo razoables.
  • Facilitar a rexeneración ambiental de augas ácidas, desenvolvendo un servicio específico altamente especializado, baseado igualmente en insumos derivados da compostaxe de algas de arribazón, de aplicación en áreas carentes de solo por influencia antropoxénica e que son orixe de augas ácidas de alto e negativo impacto medioambiental.
  • Facilitar a rexeneración ambiental de obras de movemento de terras, creando novos métodos de tratamento dos noiros orixinados na realización de grandes infraestruturas de xeito que se repare de forma rápida o dano ambiental sufrido e recuperando as condicións vexetais de partida.
  • Contribuír ao cumprimento das políticas e prioridades establecidas na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.
  • Contribuír ao desenvolvemento económico da industria en Galicia