Liñas de traballo
- Deseño, construción e validación dun prototipo para o tratamento de algas de arribazón
Deseñar, desenvolver, construír e validar un prototipo móbil de tratamento de algas de arribazón para compost, capaz de adaptar o seu contido de materiais impropios, humidade e salinidade para sometelas a un posterior proceso de biocompostaxe. Esta Actividade consta dos seguintes pasos:
- Deseño e Construción.
- Ensaio e validación na praia e na planta de compostaxe
- Optimización do deseño.
- Desenvolvemento de solucións de compostaxe biolóxico de alto valor engadido con algas de arribazón.
Deseñar e desenvolver solucións de compostaxe biolóxico de algas de alto valor engadido específicas para aplicacións de rexeneración de áreas afectadas por lumes, rexeneración de noiros, tratamento de augas ácidas, e aplicacións agronómicas; e os correspondentes procesos de fabricación a escala industrial.
- Caracterización e acondicionamento das algas de arribazón.
- Deseño e formulación de solucións de biocompostaxe.
- Elaboración e produción de lotes de ensaio.
- Caracterización e valoración de extracto de algas.
- Ensaio e validación de solucións de compostaxe biolóxico en aplicacións de mellora agronómica e rexeneración ambiental.
Demostrar e validar os produtos elaborados para aplicacións agronómicas e de rexeneración ambiental. Desenvolver os procedementos estandarizados para o seu uso en aplicacións de rexeneración ambiental.
- Estudo de novas aplicacións agrícolas do compost de algas.
- Aplicación para rexeneración de superficies queimadas.
- Aplicación de compost de algas á rexeneración de noiros.
- Tratamento de augas ácidas.