Resultados esperados

 

  • Dispor de maquinaría especifica que facilite a eliminación de impropios das algas de arribazón e/ou das algas invasoras. Isto permitirá avanzar no desenvolvemento a nivel industrial de maquinaria específica para a xestión das algas. Esta maquinaría sería de interese para todas aquelas administracións responsables da limpeza de praias, confrarías de pesca e marisqueo.
  • Delimitar os mecanismos que rexen a compostaxe de algas e establecer un protocolo de compostaxe adaptado ás características das algas extraídas en Galicia e aos residuos complementarios e estruturais dispoñibles.
  • Desenvolver unha liña normalizada de produción de compost de algas certificado ecolóxico, así como de outros produtos aplicables a hidrosemente, viveiros (retención de auga en ambos casos) ou tepes. Asemade, desenvolver un compost específico destinado á cobertura e restauración de superficies afectadas polo lume.
  • Coñecer os usos agronómicos adecuados para cada unha das tipoloxías de compost obtidos en base á eficiencia alcanzada por estes en probas agronómicas específicas. Este coñecemento contribuiría á comercialización do produto.
  • Coñecemento exhaustivo da cadea de valor do proceso, desde o aprovisionamento á comercialización, que permitirá extraer os costes de explotación, así como identificar limitacións e vantaxes do sistema concibido.
  • Dispor dun compost de algas que se poida comercializar e recoñecer como ecolóxico gracias á obtención da marca de garantía correspondente.Sistematizar a valorización de algas de arribazón a nivel real nas áreas próximas aos socios. Fomentar dita valorización noutras zonas xeográficas galegas dando a coñecer os resultados do proxecto e, en particular, o caso de éxito desta empresa.
  • Dispor dun servicio tecnolóxico posto ao servizo das administracións por unha empresa privada, concibido para a restauración ecolóxica de solos afectados por lumes. A diferencia de outros existentes, o proposto baséase no uso de compost biolóxico de algas que, ademais de evitar a xeración de augas ácidas, favorecería realmente o restablecemento das condicións ecolóxicas de partida.
  • Dispor dun servicio tecnolóxico para a restauración ecolóxica de solos afectados por noiros usando compost biolóxico de algas.
  • Dispor dun servicio tecnolóxico para o tratamento de augas ácidas usando compost biolóxico de algas.